Manuel Villar Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1879 Noia, España |
Morte | 30 de decembro de 1949 (70 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1930 – 1930 ← Fernando Alsina González – Felipe Gil Casares → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, profesor universitario, político |
Manuel Villar Iglesias, nado en Noia o 30 de novembro de 1879 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1949, foi un médico, profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, foi alumno agregado do Hospital Clínico e licenciouse en 1900. Doutorouse en 1904 cunha tese sobre as enfermidades venéreas, á pel e as vías urinarias. Ese mesmo ano trasladouse a París e Bruxelas para ampliar estudos. En 1905 foi nomeado profesor auxiliar extraordinario da Facultade de Medicina da USC. En 1910 marchou a Frankfurt, pensionado pola Deputación da Coruña, para proseguir a súa especialización. En 1911 foi designado profesor especial das enfermidades das Vías Urinarias na USC. En 1931 foi elixido encargado da cátedra de Dermatoloxía e Sifilografía. Foi director do Hospital de San Roque. Foi académico da Real de Medicina da Coruña, membro da Asociación Española e da Sociedade Internacional de Uroloxía. Foi alcalde de Santiago de Compostela en 1930 por un breve período. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza da UGT de Compostela á que representou no Congreso fundacional da Federación Galega de Traballadores da Ensinanza da UGT celebrado en Vigo en maio de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e inhabilitado para ocupar cargos de responsabilidade.
Predecesor: Fernando Alsina González |
Alcalde de Santiago 1930 |
Sucesor: Felipe Gil Casares |
Obras
[editar | editar a fonte]- Contribución al estudio de la uretrotomía interna, 1904.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) : do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-644-8. Consultado o 30 de agosto de 2012.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Figuras de la Urología Española Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)